GUÍA TURÍSTICA DOS CONCELLOS PACTO

CONCELLO DE LOBIOS- guía turística

 

GUÍA TURÍSTICA DOS CONCELLOS DO PACTO

Concello de Oímbra- guía turística

O EQUIPO DA UPD LIMIA-VERIN DESEXALLES UNHAS FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANINOVO.



BOP DO 24/12/2010

Salientamos o relacionado coas Entidades Locais pertencentes ó Pacto Territorial de Emprego:

Concello de Rairiz de Veiga. Aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal – PXOM. (5588/2010)

DOG 24-12-10

Resolución do 13 de decembro de 2010 pola que se adxudican as subvencións correspondentes á tecnoloxía de deseño e produción industrial dos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, convocadas na Orde do 6 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 7 de xullo.

A mesma resolución para tecnoloxía de medio mariño, de medio rural, de sociedade da información, de sociedade e cultura, dos materiais e da construción, de turismo, de recursos enerxéticos e mineiros, de alimentación, de información e das comunicacións, de biomedicina e ciencias da saúde, de medio rural e desenvolvemento sustentable. VER MÁIS.

Resolución do 16 de decembro de 2010 pola que se dá publicidade ás axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010, co cofinanciamento de fondos Feder.

Resolución do 16 de decembro de 2010 pola que se dá publicidade ás axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, para o equipamento e mellora das instalacións de locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010, co cofinanciamento de fondos Feder.

Ofertas de emprego 24-12-10

Comercial exportación para empresa de automoción. Ver máis.

Axente comercial, sector enerxía. Ver máis.

Axente comercial, sector asesoría de empresas. Ver máis.

Axente comercial, sector publicidade. Ver máis.

DOG 23-12-10

Resolución do 15 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 7 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo para o exercicio de 2010.

 

BOP DO 23/12/2010

Salientamos o relacionado coas Entidades Locais pertencentes ó Pacto Territorial de Emprego:

Concello de Sarreaus. Aprobación definitiva do presuposto para o exercizo económico de 2010. (5745/2010)

Concello de Xinzo de Limia. Exposición pública da conta xeral correspondente ó exercizo de 2009. (5751/2010)

 

Ofertas de emprego 23-12-10

Técnico informático Verín. Ver máis.

Dependiente media xornada, Xinzo. Ver máis.

Axentes comerciais para Lexgal. Ver máis.

BOP DO 22/12/2010

Salientamos o relacionado coas Entidades Locais pertencentes ó Pacto Territorial de Emprego: Información pública do proxecto da “Pranta de biomasa forestal AXB Verín- A Limia no Polígono Industrial de Tamagos no concello de Verín, expediente nº IN408A2010/06-3-AT. (5367/2010). Ver máis.